O Campus CREA establece a creatividade como eixe da colaboración transversal, facendo precisamente da heteroxeneidade do coñecemento, a súa grande aposta. Representa, así, un campus dinámico e conectado coa súa contorna, mediante o establecemento de sinerxías e liñas de actuación conxuntas co tecido empresarial, económico, social e cultural.

Trátase de establecer mecanismos que faciliten a transferencia do coñecemento xerado no Campus CREA os sectores produtivos e á sociedade no seu conxunto.

Esta interacción vénse materializando mediante convenios de investigación e contratos subscritos entre os grupos de investigación, empresas ou institucións públicas.