Green Campus é un Programa internacional da Fundación para a Educación Ambiental FEE (Foundation for Environmental Education). A FEE concedeu ao campus de Pontevedra a distinción Green Campus e por tanto a Universidade de Vigo xunto á da Coruña son as primeiras universidades a nivel estatal en recibir esta bandeira, que distingue o coidado e a prevención ambiental.

A FEE agrupa a 76 ONG, en 65 países nos cinco continentes. En cada un dos estados participantes existe unha organización responsable dos programas da FEE (Bandeira azul, Chave verde e Ecoescolas) que se orientan á realización de actividades de educación ambiental.

No estado español, esa organización é ADEAC (Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor).