CONVOCATORIA DE DÚAS AXUDAS PROPIAS PARA A MOBILIDADE DE PERSOAL INVESTIGADOR DOS PROGRAMAS DE DOUTORAMENTO AFÍNS AO CAMPUS CREA

A convocatoria de axudas propias á mobilidade de persoal investigador dos programas de doutoramento afíns a Campus CREA da Universidade de Vigo ten por obxecto financiar dúas estadías en centros de investigación ou centros de arte do persoal investigador que cumpra os requisitos sinalados, co obxectivo de contribuír ao intercambio de coñecemento e á mellora e internacionalización da súa actividade investigadora.

A axuda irá destinada a facilitar a estadía en centros de investigación ou centros de arte radicados fóra de España para a realización de traballos de investigación e a utilización ou adquisición de técnicas necesarias para o desenvolvemento da actividade investigadora e artística e que redunden en beneficio dela. A duración da estadía financiada, que se desenvolverá nun único período e centro, non poderá ser inferior a 90 días e deberá iniciarse antes do 16 de novembro de 2024 sendo posible financiar estadías xa realizadas integramente no ano 2024.
Exclúense expresamente as axudas para estadías na universidade na que se licenciou/graduou ou doutorou a persoa solicitante e no centro/universidade á que pertenza quen lle dirixa a tese de doutoramento. No caso das persoas estranxeiras, exclúense tamén as estancias no país de orixe. O importe das axudas é de 5.000 euros cada unha.

O prazo de presentación das solicitudes comezará o 12 de setembro e permanecerá aberto ata o día 30 de setembro de 2024.

Documento convocatoria