Coñecer filmes de diferentes xéneros, épocas e países, que permitan explorar as diferentes canles polas que a creatividade se fai patente no cinema, tanto a través de aspectos técnicos e formais como dos elementos narrativos ou da construción dos personaxes. Ese é o propósito do segundo ciclo de cinema Expediente Alquimia, promovido conxuntamente polo Campus CREA e a Vicerreitoría de Pontevedra no marco das actividades da Semana da Creatividade, que se celebrará entre o 22 e o 26 de abril. Patrocinado pola Deputación de Pontevedra, no marco das iniciativas para o impulso do campus de especialización CREA, trátase dun ciclo aberto ao público e conformado por dez proxeccións na Casa das Campás, que terán lugar entre este xoves 4 de abril e o 14 de xuño.
Baixo o título de Expediente Alquimia (II), trátase dunha actividade que conta tamén coa colaboración do Instituto Francés do Cinema e do Goethe Institut alemán e que busca afondar en como a creatividade aflora no cinema a través dunha combinación de “coñecemento e imaxinación”, como sinala o seu coordinador, o codirector do festival Novos Cinemas Suso Novás. Con esa idea, entre os seus obxectivos figura tanto “a análise de arquetipos argumentais focalizados na creación”, como mostrar “exemplos da capacidade que ten o cinema de ser revelador cuns recursos mínimos”, a través de filmes que desenvolveron “aspectos estéticos e formais novidosos no seu momento”.
Descargar Programa Ciclo Cinema
PROGRAMA PRIMAVERA 2024
ABRIL
Xoves 4
Duck Soup (Sopa de ganso, EE. UU. | 1933 | 70’)
Dir.: Leo McCarey
Venres 12
Nosferatu, eine Symphonie des Grauens (Nosferatu, Alemaña | 1921 | 91’)
Dir.: F. W. Murnau
Venres 19
Anomalisa ( EE. UU. | 2015 | 90’)
Dir.: Charlie Kaufman, Duke Johnson
Xoves 25
Lancelot du lac (Francia | 1974 | 85’)
Dir.: Robert Bresson
MAIO
Venres 03
Big Lebowski (O gran Lebowski, EE. UU. | 1993 | 117’)
Dir.: Joel Coen, Ethan Coen
Venres 10
There’s Always Tomorrow (Sempre hai un mañán, EE. UU. | 1955 | 84’)
Dir.: Douglas Sirk
Venres 24
Ein Blick – und die Liebe bricht aus (Unha mirada – e o amor desátase, Alemaña | 1986 | 85’)
Dir.: Jutta Brückner
Venres 31 Blue Velvet (Veludo azul, EE. UU. | 1986 | 120’)
Dir.: David Lynch
XUÑO
Venres 07
Sans soleil (Francia | 1982 | 100’)
Dir.: Chris Marker
Venres 14 Licorice Pizza (EE. UU. | 2021 | 133’)
Dir.: Paul Thomas Anderson