Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas
Campus: Campus de Pontevedra
Créditos ECTS
240
Cursos
4
Prazas
20
Nota de acceso
5.000 (Ext.) (1)
Prezo
591.00 € (2)
(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso para o curso 2021/2022
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas
Descrición
A principal fortaleza deste grao é o seu carácter multidisciplinario que combina as seguintes áreas de coñecemento: ciencia política e da administración, contabilidade, dereito, economía, empresa, estatística, informática, mercadotecnia e socioloxía. Grazas a esta heteroxeneidade de coñecementos o grao orienta ao estudantado dunha maneira integral cara á dirección e xestión das organizacións públicas e privadas cunha relación estreita coa Administración (xestorías administrativas, consultorías, etc.).
Perfil de Ingreso
Persoas que traballan nas diferentes administracións públicas, así como en organizacións privadas e sociais que desenvolven proxectos e servizos públicos. Persoas que desexan prepararse para traballar en institucións públicas ou que queren mellorar as súas competencias para promocionar nas súas respectivas institucións públicas.
Acceso e admisión
- Bacharelato con ABAU superada
- Ciclos formativos de grao superior
- Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
- Titulación universitaria previa
Saídas Profesionais
- “Técnico de organizacións públicas estatais, autonómicas, locais e comunitarias, que inclúe dous perfís: xestor de administracións públicas ( p.ex. educativas, sanitarias); e, b) xestor de proxectos de políticas públicas e servizos públicos (calquera nivel de goberno).
- Técnico de organizacións privadas e sociais que traballan para as administracións públicas, con tres perfiles: a) técnico en xestorías administrativas e organizacións de consultoría (subvencións, rendas, tramitación sedes electrónicas); b) técnico organizacións non gobernamentais e sector non lucrativo (contratación, proxectos, participados); e, c) xestor administrativo en institucións sociais e políticas”