Inicio

Campus CREA

 

Campus CREA

O proxecto Campus CREA dota ao campus de Pontevedra dunha maior singularidade e especialización en base ás súas vantaxes competitivas. Ademais, o proxecto aglutina baixo una mesma identidade e imaxe de marca todas aquelas áreas de coñecemento nas que o campus de Pontevedra ten experiencia e capital humano, tales como arte, comunicación, dirección e xestión pública, deporte, educación, forestais, publicidade e saúde. O concepto aglutinador de todas estas disciplinas (representado mediante a denominación CREA) relaciónase coa acción de “crear” e coa creatividade en si mesma, entendéndoa como un proceso esencial para a resolución dos problemas e retos sociais mediante novas solucións innovadoras adaptadas á realidade.

Por outra banda, o Campus CREA representa un campus dinámico e conectado coa súa contorna, mediante o establecemento de sinerxias e liñas de actuación conxunta entre a Universidade de Vigo e o tecido empresarial, económico, social e cultural da provincia e as Administracións Públicas.