Aberta, ata o 2 de outubro, a inscrición nas Ligas Universitarias

Etiquetas

As opcións que a Universidade de Vigo ofrece para practicar deporte son múltiples e variadas, dende programas no medio natural, como os Roteiros Culturais ou Augaventura, ata as escolas deportivas, as actividades dirixidas ou as ligas universitarias. Estas últimas teñen actualmente o prazo de inscrición aberto, ata o 2 de outubro, para as sete modalidades nas que se organiza competición nos tres campus.

A través desta proposta, a Área de Benestar, Saúde e Deporte trata de dar resposta ao interese polos deportes de equipo ao tempo que se fomentan valores como a deportividade e o compañeirismo. De feito, a acollida destas ligas é moi elevada ano tras ano, e no curso pasado foron preto de 900 as persoas que optaron por esta actividade.

Ler a noticia completa no DUVI