O Campus Crea dotouse dunha estrutura de gobernanza en diferentes niveis, cun comité reitor, que se encarga da definición das liñas estratéxicas que aseguren alcanzar os obxectivos marcados, e dun comité de dirección que realiza funcións de goberno e xestión. Estes órganos contan co acompañamento e asesoramento de dous comités consultivos, o comité académico, e o comité de socio-empresarial.
Consello Reitor
Este Consello ten asumida a representación do Campus CREA, así como as toma de decisións para o seu funcionamento. Exerce de intermediación entre os diferentes centros que configuran o campus, o Consello de Goberno da Universidade de Vigo e atende aquelas consideracións emanadas dos órganos consultivos, coa finalidade de alcanzar os estándares de excelencia establecidos no Plano Estratéxico como Campus de Especialización.
Comité de dirección
O Comité de dirección estrutúrase a partir das áreas estratéxicas de actividade do Campus CREA: docencia, investigación, transferencia, e internacionalización. Este comité estará integrado por Persoal Docente e Investigador (PDI) adscrito ao Campus de Pontevedra.
Comités Consultivos
Comité Académico
O Comité Consultivo Académico está formado por persoas de recoñecido prestixio nas áreas de especialización do Campus CREA, que non poderán pertencer á Universidade de Vigo, e que serán nomeados polo Comité Reitor.
Comité Socio-Empresarial
O Comité Consultivo Social-Empresarial está formado por representantes de organismos, empresas, administracións, clústeres da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, relacionados coas liñas de especialización do Campus CREA, e serán nomeados polo Comité Reitor.