Datos xerais

Código:
D00T06

Datos de contacto

Teléfono:
986812045
Email:
dept06@uvigo.es

 

Descrición

O Departamento constituíuse no ano 1997 e actualmente agrupa sete áreas de coñecemento de dita Universidade: Enxeñaría Agroforestal, Producción Vexetal, Explotación de Minas, Tecnoloxía do Medio Ambiente, Prospección e Investigación Mineira e Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría.
Con esta composición multidisciplinar o Departamento, integrado por docentes, investigadores, becarios e persoal administrativo, abrangue todos os aspectos relativos á explotación e xestión de recursos naturais, renovables (forestais, agrícolas) e non renovables (minerais), poñendo especial énfase na sostenibilidade da actividade e as súas connotacións medioambientais.
O profesorado do Departamento imparte docencia nas Titulacións de Grao en Enxeñaría Forestal (Campus de Pontevedra), Grao en Enxeñaría Industrial (Campus de Vigo) e Grao en Enxeñaría Agraria e Grao en Ciencias Ambientais (Campus de Ourense), e engloba diferentes Grupos de Investigación que participan en numerosos proxectos I+D+I, financiados tanto en convocatorias públicas competitivas (Fondos FEDER, Proxectos de Investigación do Plan Nacional, Xunta de Galicia) como por o sector privado.
Asimesmo, o Departamento participa nos Programas de Doutoramento de Xeotecnologías Aplicadas á Construcción, Enerxía e Industria (GeoCEI), Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural e Programa de Doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sostible.