Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas
Campus: Campus de Pontevedra
Créditos ECTS
Cursos
3
Prazas
10
Descrición
O Programa de Doutoramento Interuniversitario en Equidade e Innovación en Educación é un proxecto conxunto das Universidades do noroeste peninsular: Universidade de Vigo (universidade coordinadora), Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña, Universidade de Oviedo e Universidade de Cantabria. Nestas Universidades ofrecemos un programa de doutoramento común para a formación e especialización de profesionais na investigación comprometida coa innovación e a igualdade de oportunidades na educación.
O programa está especialmente dirixido a promover a investigación sobre procesos de innovación para a mellora das condicións escolares, educativas e sociais en que se desenvolven a infancia e a mocidade desde unha perspectiva sempre comprometida coa equidade. Este eixe temático vertébrase arredor de dúas liñas de investigación: a) Procesos de inclusión e exclusión socio-educativa e b) Innovación para a equidade educativa. Ambas as liñas se desglosan en campos específicos que permitirán ao persoal investigador en formación ampliar e profundar no seu coñecemento sobre numerosos aspectos relacionados coa equidade educativa, a innovación e mellora da educación.