Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Pontevedra

Centro
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Materias do título

Ficha no centro

 

Créditos ECTS

240

Cursos

4

Prazas

100

Nota de acceso

10.470 (Ord.) (1)

Prezo

591.00 € (2)

(1) Ord: convocatoria ordinaria, Ext: convocatoria extraordinaria. Nota de acceso para o curso 2021/2022
(2) Importe dos créditos ECTS do primeiro curso. Taxas non incluídas

 

Descrición

O Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte responde á conversión do sistema deportivo nun produto de mercado significativo nas sociedades contemporáneas, así como á actual promoción de estilos de vida activos e saudables. Afonda na formación de campos como, entre outros, o coñecemento e comprensión dos factores fisiolóxicos e biomecánicos que condicionan a práctica da actividade física e do deporte, dos factores sociais e de comportamento que condicionan a súa práctica ou os efectos desta sobre a estrutura e función do corpo humano.

Perfil de Ingreso

  • Coñecementos básicos sobre bioloxía, anatomía humana, física, filosofía e historia
  • Interese pola práctica da actividade física e o deporte
  • Inquietude e curiosidade sobre as manifestacións da motricidade e o deporte
  • Habilidades básicas deportivas e dominio do propio corpo
  • Sensibilidade para recoñecer as limitacións dos demais e facilitar a súa aprendizaxe
  • Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora
  • Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo

Acceso e admisión

  • Bacharelato con ABAU superada
  • Ciclos formativos de grao superior
  • Proba de acceso para maiores de 25, 40 ou 45 anos
  • Titulación universitaria previa

Saídas Profesionais

  • Rendemento deportivo: adestramento e dirección de equipos deportivos, adestramento e preparación física de deportistas de alto nivel, preparación física, xuíces/zas de probas deportivas.
  • Xestión deportiva: xestión, administración e organización en entidades e instalacións deportivas, dirección técnica en entidades deportivas.
  • Docencia en educación física
  • Actividade física para a saúde: programas de reeducación motora, actividade física adaptada para poboacións especiais, actividade física para persoas adultas e maiores, deporte de saúde, asesoría en actividade física postoperatoria, masaxista deportivo
  • Lecer e tempo libre: animación de actividade física e deportiva, animación turístico-deportiva