Rama de coñecemento: Ciencias sociais e xurídicas

Campus: Campus de Pontevedra

Centro
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

Materias do título

Páxina web

 

Créditos ECTS

60

Cursos

1

Prazas

30

 

Descrición

O máster ten unha duración dun curso académico con 60 ECTS distribuídos en dous cuadrimestres. As sesións presenciais desenvólvense en horario de tarde. A metade dos créditos de carácter práctico corresponden ao Practicum e ao Traballo Fin de Master. Do resto, 24 créditos cúrsanse en materias obrigatorias e 6 en materias optativas. O Máster en Necesidades Específicas de Apoio Educativo impártese desde o curso 2010/2011.

Cabe destacar que segundo os criterios fixados pola Comisión autonómica de habilitacións de Galicia, o título oficial de Máster en Necesidades Específicas de Apoio Educativo (art. 6.2.a.3º RD 476/2013) habilita para impartir docencia na especialidade de Pedagoxía Terapéutica nos centros privados aos posuidores dos títulos de Grao de Educación Primaria, Mestre/a, Diplomado/a EXB ou Mestre/a de primeiro ensino sen mención ou especialidade.