Profesor/a contratado/a doutor/a
Área de Comunicación Audiovisual e Publicidade
Departamento de Comunicación audiovisual e publicidade
Información de contacto
+34 986 802 011
dramahi@uvigo.es
Breve CV
Licenciada en Comunicación Audiovisual con premio extraordinario fin de carreira e en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo; e en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Actualmente é Profesora Contratada Doutora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade, membro do Grupo de Investigación en Comunicación para o Servizo Público e do Grupo de Innovación Docente Medios Dixitais e Aprendizaxe Participativa na mesma universidade. As súas áreas prioritarias de investigación son a análise e a crítica audiovisual. Foi bolseira de organismos autonómicos, nacionais e internacionais, investigadora visitante e profesora visitante en institucións de prestixio, autora de publicacións científicas, participante en proxectos de investigación e directora de Traballos Fin de Grao e Mestrado. Actualmente é Vicedecana de Docencia e Calidade na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo.