Campus CREA agrupa unha oferta variada de estudos de grao, mestrado e doutoramento relacionados coas súas tres liñas de especialización. O catálogo está integrado por 6 títulos de grao, 5 títulos de mestrado, 1 curso especialista e 3 programas de doutoramento.

Creatividade e arte


 

Creatividade e comunicación


 

Creatividade e deseño


 

Creatividade e sociedade

 

Programa de Doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sostible

O programa de doutoramento en “Creatividade e innovación social e sustentable” é unha iniciativa institucional do campus de especialización de Pontevedra, Campus CREA, da Universidade de Vigo, que pretende reforzar a contribución da universidade a liñas prioritarias e retos sociais e globais establecidos, no ámbito da saúde, do medio, da comunicación, da educación e cultura e da gobernanza desde un enfoque transversal.

Máis información

 

Programa universitario de maiores

Dentro do marco xeral dos programas de formación das aulas de formación aberta da Universidade de Vigo desenvólvese o Programa para maiores: un proxecto de desenvolvemento científico-cultural dirixido a promover a ciencia e a cultura nas persoas maiores, teñan ou non titulación, ao mesmo tempo que as relacións interxeracionais.

Máis información