CREA
International Multidisciplinary Journal CREA (IMJC) é unha revista de investigación arbitrada semestralmente de acceso aberto que publica unicamente resultados de investigación/innovación con contribucións significativas nos ámbitos de coñecemento que se atopa representados no Campus CREA, Universidade de Vigo. International Multidisciplinary Journal CREA non só recompila resultados de investigación de diferentes disciplinas e enfoques metodolóxicos, senón tamén investigacións realizadas por equipos de investigación interdisciplinares. Esta revista científica xorde coa necesidade de brindar unha resposta á excesiva compartimentación do coñecemento científico que tradicionalmente existiu. Pretende ser un espazo internacional de discusión e crítica a través da presentación de evidencias teóricas e empíricas que favorezan a equidade e o avance das nosas sociedades. Un dos principais obxectivos de IMJC é proporcionar unha plataforma intelixente para os investigadores nacionais e internacionais, así como publicitar o traballo de investigación de alta calidade, en forma de artigos de: investigación orixinal, informes de casos, informes de revisión, etc. de toda a comunidade científica.

A orixinalidade dos artigo é o fundamento principal de International Multidisciplinary Journal CREA (IMJC). De acordo coa nosa política de indexación, IMJC determina en gran medida a gran visibilidade dos artigos publicados para a comunidade científica. Todos os artigos de IMJC estarán facilmente dispoñibles e serán accesibles (libremente) desde varios sitios web. Todo os manuscritos será analizados por revisores cualificados de todo o mundo. O IMJC abarca todas as áreas de investigación/Innovación recollidas no Campus Crea- Universidade de Vigo- a través da seguinte estrutura:

  • Deporte, Saúde e Benestar
  • Educación, Innovación Social e Xestión Pública
  • Medio Ambiente e Natureza
  • Arte, Comunicación e Creatividade

Web da revista IMJC