Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Presidenta da asociación de mulleres artistas Blanco, negro y magenta, Concha Mayordomo puxo en marcha no ano 2011 o espazo web Mujeres en el arte, que reúne a día de hoxe máis de 1100 pequenas biografías de artistas de diferentes épocas. Boa parte delas acompañadas de retratos como os 59 que desde este xoves poden verse na sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes, nunha exposición que a súa comisaria, a catedrática Yolanda Herranz, presenta como “un interesante encontro interxeracional no que se relacionan artistas mulleres de distintas épocas e contextos, que se irmandan transmitindo ideas e experiencias”. 

Retratos de mulleres artistas. Unha serie significativa sostida no tempo poderá visitarse neste espazo ata o 21 de marzo neste espazo expositivo de Belas Artes, xestionado polo colectivo artístico Lupercais. A mostra forma parte á súa vez da programación da vixésimo primeira edición de Ellas Crean, un festival multidisciplinar que desenvolve a súa programación en múltiples puntos de España. A mostra foi inaugurada este xoves por Mayordomo, Herranz e o vicedecano de Cultura, Ignacio Pérez-Jofre, e viuse precedida pola conferencia impartida este mércores na facultade por esta artista e comisaria, que tiña tamén por obxecto reivindicar as numerosas artistas “invisibilizadas” ao longo da historia.

Ler a nova completa no DUVI