Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Desde o 15 de novembro, La Habana acolle a súa décimo quinta bienal de arte contemporánea, á que o grupo dx5 (digital & graphic art research) da Facultade de Belas Artes achega un conxunto de obras que permiten afondar na súa liña de traballo centrada na arte gráfica de campo expandido. Este equipo de investigadores e investigadoras foi convidado a participar na exposición Espirales Trasatlánticas, promovida polo espazo artístico Factoría Diseño e que afonda na relación entre a arte e a artesanía de Galicia e Cuba. Na mostra, que poderá visitarse ata o 28 de febreiro, preséntanse as creacións das investigadoras e investigadores Ana Soler, Almudena Fernández Fariña, Anne Heyvaert, José Andrés Santiago, Antía Iglesias e Carlos Fer, ás que o grupo dx5 suma as propostas das artistas convidadas Esther Pizarro e Elena Jiménez.

Axustándose á temática desta XV Bienal de La Habana, que se desenvolve baixo o lema de Horizontes Compartidos, o grupo dx5 achegou a Cuba un proxecto expositivo que dá continuidade ao VIII Foro Internacional de Creación na Fronteira. O múltiple que ocupa o espazo, que tivo lugar en Pontevedra nos meses de maio e xuño. Este, sinalan, tiña como obxectivo “reflexionar sobre como a clásica bidimensionalidade da gráfica transitou cara a busca dunha experiencia artística máis profunda e inmersiva”, que denominan “gráfica de campo expandido”. De feito, as e os artistas que participan en Espirales trasatlánticas formaron parte previamente na exposición Simbiose, que se desenvolveu no Pazo da Cultura no marco deste foro. 

Ler a nova completa no DUVI