Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Co apoio da Deputación de Pontevedra, Campus Crea impulsa por primeira vez unha convocatoria de axudas para a organización de congresos relacionados coas liñas estratéxicas do proxecto de especialización. Dirixida a contribuír ao financiamento de congresos e reunións científicas centrados nos ámbitos da arte, o deseño, a comunicación e a educación, trátase dunha convocatoria á que se destinan un total de 9000 euros. O seu obxectivo é contribuír ao impulso de encontros científicos que “potencien o desenvolvemento de actividades de investigación enmarcadas nas liñas estratéxicas do Campus de Especialización Crea, así como a transferencia dos resultados no ámbito nacional e internacional”, segundo recolle nas súas bases.

“É a primeira vez que se fai unha convocatoria de axudas á organización de congresos dentro do campus de especialización”, apunta a directora de área do Campus Crea, Ana Belén Fernández Souto, que lembra que se trata dunha iniciativa “compatible con outras axudas” e que mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 5 de abril. “É unha forma de posicionar o campus de especialización a nivel nacional e tamén internacional”, destaca dunha convocatoria que nace tamén co obxectivo de contribuír “á promoción do Campus Crea e das súas titulacións” e que se insire no apoio da Deputación ao proxecto de especialización.

Ler a noticia completa no DUVI