Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Na noite do venres 22 de novembro, 14 novos titulados e tituladas no mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda presentarán no Pazo da Cultura as coleccións que desenvolveron como traballos de fin de máster (TFM) e coas que optarán aos premios que outorgan a Fundación Bimba y Lola e a Fundación Artesanía de Galicia. Este desfile será o acto central da décimo oitava edición de Debut, coa que este ano se conmemora o 20 aniversario da posta en marcha da formación en moda na Universidade de Vigo, que arrancou no curso 2004/2005 co título propio de Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia (Esdemga), substituído no curso 2017/2018 polo actual mestrado, adscrito á Facultade de Deseño. A formación será de feito un dos eixes centrais da programación que complementa este desfile e na que se insiren dez talleres e seminarios, dirixidos tanto ao alumnado do máster como do Grao en Deseño. 

As conferencias da deseñadora de vestiario Bina Daigeler e do xestor de proxectos de Loewe Enrique de Santiago e unha xornada na que os novos titulados e titulados manteñen unha serie de entrevistas de traballo completan unha programación á que se incorpora, como novidade, a exhibición das coleccións no Pazo da Cultura nas dúas xornadas posteriores ao desfile. De aí que a coordinadora do mestrado, Lola Dopico, incidise en que se trata dun “programa moi poderoso, con moitísima formación”, na presentación de Debut 2024, un evento no que se implica “todo o profesorado e alumnado” da Facultade de Deseño e que “non sería posible sen o apoio” de Concello, Universidade e diferentes entidades públicas e privadas. 

Ler a nova completa no DUVI