Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes inaugura o vindeiro xoves 13 de marzo Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita, unha exposición que reúne as obras de Alberto Ardid, Tayone e o colectivo Rapapawn, integrado por Cynthia Alfonso e Óscar Raña, todos eles antigas e antigos estudantes de Belas Artes. Coa tamén egresada da facultade Sara Donoso como comisaria, esta exposición busca ir máis aló, explica, da “mostra artística convencional para converterse nun acto de reflexión sobre a importancia de reabrir” a cafetaría do centro “como punto social e de intercambio de ideas para a facultade”. 

Despois de que as diferentes convocatorias para a adxudicación deste servizo quedasen desertas, o espazo que ocupaba a antiga cafetaría foi acondicionado no curso 2022/2023 para converterse na sala O Abrigo, que desde entón vén acollendo un programa de exposicións, protagonizado principalmente polas creacións do alumnado, así como outra serie de actividades do estudantado do centro.

Ler a nova completa no DUVI