Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Da memoria familiar e as lembranzas do fogar á vida nunha residencia estudantil, pasando por un retrato visual do barrio vigués de Coia. A contorna natural, persoal e sentimental de nove estudantes das facultades de Comunicación e Belas Artes constituíu a fonte de inspiración das curtametraxes que na tarde deste martes abren a programación do Festival Internacional de Cine de Pontevedra Novos Cinemas. Trátase dos resultados finais do obradoiro Cine rachado e consciente na praza do teu pobo, que tivo como docente ao cineasta e egresado da UVigo Álvaro Gago.

Promovido pola Vicerreitoría do campus de Pontevedra e Novos Cinemas e aberto á participación tanto de estudantes como de tituladas e titulados o pasado curso, o taller impartido por Gago, que en que en 2018 acadaba coa curtametraxe Matria o premio do xurado do Festival de Sundance, buscaba guiar o alumnado na busca dunha “ollada propia” como cineastas. Para isto, o director convidounos a buscar na súa propia contorna o material co que comezar a traballar nas curtametraxes que este martes presentaban na proxección previa á sesión inaugural de Novos Cinemas, dedicada ao filme La Parra, dirixido polo tamén egresado da UVigo Alberto Gracia.

Ler a nova completa no DUVI