Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Achegar o alumnado á realidade do mercado laboral, a través das experiencias de profesionais formadas na Universidade, é o obxectivo central das xornadas Empresa-Universidade, que o Campus Crea promove nestas semanas na Facultade de Comunicación. Tres egresadas deste centro, que traballan para empresas como Hijos de Rivera, Casa Solla e Trisquelia, son as protagonistas dunha nova edición duns encontros que, como sinala a directora da Área do Campus de Especialización Crea, Ana Belén Fernández Souto, en anteriores edicións puxeron o foco “na fotografía ou na creatividade e que este ano enfocamos nas relacións públicas”.

Abertas ao público, este ciclo de conferencias arrancou a pasada semana co relatorio A organización de eventos nun evento con Estrella Michelín, a cargo da graduada en Publicidade e Relacións Públicas Alejandra Benso, xestora de eventos en Pepe Solla. Presentado polo profesor Juan Manuel Corbacho, este coloquio tiña como obxectivo achegar o alumnado ás figuras do event planner e o event producer. “A idea é que falen do día no seu traballo, que lles conten o alumnado como chegaron alí e como orientar a súa carreira se queren traballar neste campo”, sinala Corbacho, encargado de coordinar unhas xornadas que combinan o achegamento a un caso concreto cun percorrido pola traxectoria profesional das conferenciantes, que poida servir tamén como un “elemento motivador” para as e os profesionais que se forman no centro.

Ler a nova completa no DUVI