Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

A propia natureza da performance como unha arte ligada un momento e un público concreto, que non deixa unha obra de carácter permanente, fai tamén que a investigación sobre esta disciplina poida xogar un papel clave no seu propio desenvolvemento. Coa idea de promover o estudo teórico desta disciplina, o grupo de investigación PE4 Imaxe e Contextos impulsaba hai preto dunha década Fugas e Interferencias, o único congreso académico centrado na performance de España. Coa participación de investigadores e investigadoras dunha decena de universidades de España, Portugal, Estados Unidos, Grecia e Reino Unido, a sede da Vicerreitoría do campus de Pontevedra e o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerán entre o 31 de outubro e o 2 de novembro a novena edición deste congreso, que combinará a presentación de estudos con conferencias e performances.

Dirixido polos investigadores Carlos Tejo e Marta Pol, a IX International Performance Art Conference Fugas e Interferencias reunirá en Pontevedra e Santiago de Compostela investigadores, docentes, artistas, comisarios e xestores culturais, nun foro no que o número de participantes, “lonxe de decrecer, aumenta ou se mantén”, sinala Tejo. Xunto a representantes de seis universidades españolas, nesta edición participarán tamén investigadoras e investigadores das universidades de Nova York, Surrey e Ioánina e do Instituto Politécnico de Cávado e Ave de Barcelos. Nese senso, Pol pon de relevo que “o carácter internacional do congreso está presente desde o principio”, á vez que incide no obxectivo a futuro de “aumentar a presenza estatal” e poder afondar na "incipiente investigación nesta práctica e investigación artística". 

Ler a nova completa no DUVI