O CREA Lab constitúese como espazo de produción dixital que visa facilitar aos grupos de investigación o deseño e fabricación de prototipados ao abeiro dos proxectos de investigación que realizan.
Localizado na Casa das Campás, o CREA Lab está equipado con impresoras e scanners 3D. O principal obxectivo desta infraestrutura é ofrecer a posibilidade de acompañar ás equipas de investigación nos procesos de concepción e realización de prototipados, especialmente en ámbitos como o deseño e a produción de pezas entre outros.
Manual de uso das instalacións
Como acceder ao CREA Lab
Para acceder e utilizar a infraestrutura do CREA Lab é necesario efectuar unha reserva remitindo un correo á secretaría técnica do Campus CREA