Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Campus de Especialización CREA conta con diferentes espazos expositivos que procuran establecer pontes entre a creación, a investigación e o pensamento arredor do feito artístico.

Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes é un dos espazos de exposicións integrados no Campus de Especialización CREA. Trátase dunha sala para a difusión da creación artística ubicada na Facultade de Belas Artes.

A sala leva o nome do artista plástico Manuel Moldes, quen exerceu a docencia na facultade de Belas Artes.

Espazo expositivo O Abrigo

O Abrigo é, xunto á sala Manuel Moldes, un dos espazos expositivos integrados na Facultade de Belas Artes. Mantén unha programación periódica con propostas expositivas que recollen, principalmente, traballos do alumnado da propia facultade.

Instagram