Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O Congreso de Creatividade nace ao abeiro da especialización do campus CREA, que vincula as titulacións de Belas Artes, Deseño, Comunicación e Educación que a Universidade de Vigo imparte na cidade de Pontevedra.

Coa intención de promover a reflexión teórico-práctica sobre a creatividade nestes ámbitos, o Congreso de Creatividade pretende atraer a profesionais, estudosos, investigadores e académicos do ámbito creativo. Durante o encontro impulsaranse accións que traballen a capacidade de visualizar ideas e novas perspectivas, promovendo a habilidade de crear novos produtos, procesos e solucións a través de producións novidosas e orixinais. Para iso, o Congreso terá unha estrutura de conferencias maxistrais, mesas temáticas con presentación de comunicacións e mesas redondas de discusión e reflexión ao redor da creatividade aplicada á arte, o deseño, a educación e a comunicación.

Web do congreso