Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Responsable

Persoal investigador

  • María Celeste Garrido Meira
  • Noemí Lorenzo Pérez
 

Liñas de investigación

  • Creación e investigación na/da arte actual
  • O signo alfabético e a palabra como material e concepto escultórico. A palabra como referente en escultura. A escultura e a procura dos significados: a xeración do sentido
  • Arte e xénero. A experiencia creadora e a condición feminina. Relación entre a muller e a arte actual, desde visións estéticas, críticas, políticas e de mercado, incidindo especialmente no acontecer das interrelacións do binomio arte-muller no ámbito internacional, español e galego
  • Corpo e proxecto artístico actual. Corpo e escultura:
    • O corpo como problema
    • O corpo como material
    • O corpo como lugar
    • O corpo como experiencia
    • Corpo, identidade e existencia
  • Creacións artísticas, de tipo plástico e conceptual, nas que o motivo, a intencionalidade e os medios se sitúan no concepto de natureza: reflexión sobre novos espazos, a natureza como lugar de experiencia artística e interrelación corpo e natureza
  • Escultura e espazo público. Poéticas e políticas da/na cidade: lugares, tránsitos e habitabilidade. Encontros, derivas e fugas entre a escultura e a arquitectura
  • A cuarta dimensión: tempo e movemento na escultura
  • Metodoloxías docentes na creación artística actual
  • Xestión e organización artística

Servizos

  • Realización de obras artísticas
  • Execución de exposicións artísticas de tese
  • Comisariado de exposicións
  • Cursos de escultura e procesos de creación
  • Achega experta nos ámbitos das liñas de investigación para conferencias, relatorios, seminarios, mesas redondas, artigos, libros e capítulos de libros
  • Desenvolvemento de eventos culturais ligados á construción de valor

Palabras chave

Creación artística actual | escultura | pintura | debuxo | corpo | xénero | identidade | arte pública | arte de acción | intervencións artísticas na natureza | tempo e movemento en escultura | obxecto cotián como material escultórico | alimento na creación artística actual | vestimenta como material artístico

Produción científica

Contacto

María Yolanda Herranz Pascual
+34 986 801 800
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.