Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Como pode a arte axudar á paz en tempos de guerra? É a arte unha vía de escape do mundo ou un xeito de transformalo? Arredor destas dúas preguntas articúlase o obradoiro que a filósofa Elodie Moreau impartirá os días 19 e 20 de xuño na Facultade de Belas Artes, no marco da programación da 32 Bienal de Arte de Pontevedra. Aberto ao conxunto da cidadanía, este seminario de filosofía práctica propón analizar “de xeito discursivo e participativo, as relacións entre arte e guerra” e insírese no conxunto de actividades complementarias dun evento que terá na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes unha das súas sedes expositivas.

Formada nas universidades de Galatasaray, Sorbona e Rennes 1 e, na traxectoria de Moreau combínase o seu labor como docente, co seu traballo en proxectos centrados na protección de especies en perigo de extinción e na preservación da memoria de poboacións obrigadas a migrar por causas ecolóxicas e sociais. Neste obradoiro, proporá “traballar sobre as relacións entre arte e guerra e sobre como a arte pode apoiar a paz ou dialogar con situacións de conflito”, como sinala o vicedecano Ignacio Pérez-Jofre. Aberto a toda a cidadanía, o seminario impartirase en inglés e conta con 12 prazas, debendo realizarse a inscrición a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Non obstante, tamén será posible asistir como oínte aos coloquios, sen necesidade de inscrición previa.

Ler a nova completa no DUVI