Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

06/11/2026

 

Collages pola vivenda é o título da exposición que nestes días reúne na Sala O Abrigo de Belas Artes un conxunto de obras que condensan as visións de 23 estudantes da facultade sobre o problema da vivenda e o encarecemento dos alugueres. Impulsada polo colectivo Recanto, responsable no presente curso da coordinación deste espazo expositivo, esta mostra colectiva reúne un conxunto de obras inicialmente concibidas como exercicio académico para a materia Arte e espazo social, do Grao en Belas Artes.

Coordinada polo profesor David Pavo, trátase dunha materia optativa de cuarto curso na que o alumnado debe levar a cabo un exercicio no que traballen, desde a colaxe, “na elaboración dunha imaxe con implicación ideolóxica”, explica. Nun principio, apunta este docente, ía tratarse dun exercicio a abordar desde unha perspectiva xeral, “pero dada a situación social paralela marcada pola crise da vivenda, coa acampada na Porta do Sol de Madrid” e a propia “repercusión local” que tivo coa acampada situada fronte á facultade, avogou porque estes traballos puxesen o foco “nesta realidade”.

 

Ler a noticia completa no  DUVI