Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Por terceiro ano consecutivo, Belas Artes participa no proxecto Arte em Tránsito, unha iniciativa promovida pola Cámara Municipal e o Cine Teatro João Verde de Monção, no que estudantes da UVigo, do Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC) e da Escola Superior Artística do Porto (ESAP) traballan conxuntamente na realización duns cadros inspirados nas paisaxes e na tradición vitivinícola deste municipio do norte de Portugal. Con ese propósito, os alumnos da facultade Río Marbán e Paloma Domínguez Musso participaban recentemente no segundo encontro desta iniciativa, xunto ás alumnas do IPVC María Ferreira e Patrícia Silva. No marco da súa estadía nunha quinta dedicada á produción de viño, as estudantes interviñeron sobre catro lenzos nos que previamente traballaran outros seis estudantes, no primeiro encontro do proxecto.

Estes lenzos permanecerán agora expostos no Museu do Alvarinho de Monção ata maio, cando teña lugar un novo encontro, no que as obras serán de novo transformadas por estudantes das institucións participantes, completando así unha nova edición dun proxecto de “pintura colaborativa”, no que participaron ata o de agora 16 estudantes da facultade pontevedresa. De feito, Belas Artes acollía o pasado mes de decembro a exposición itinerante na que se mostran os cadros realizados nas dúas edicións previas de Arte em Tránsito.

Ler a nova completa no DUVI