Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

25/11/2026

 

Gráficas mariñas. Palabras de ciencia é o título do proxecto que levou o alumnado da Facultade de Deseño a dar forma a unha serie de imaxes que buscaban reflectir dun xeito gráfico un conxunto de termos científicos asociados ás ciencias mariñas. Resultado dunha iniciativa impulsada pola facultade e o Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), este proxecto deu como resultado preto de 40 traballos, que nestes días integran a exposición que pode visitarse na Escola Oficial de Idiomas de Vigo. 

De salitre ou biopelícula, a cocolitofóridos ou malacostráceos, os termos que centraron esta iniciativa partiron das propostas realizadas polo persoal dos diferentes departamentos do IIM-CSIC. No marco da materia Deseño e sociedade, explica a profesora da Facultade de Deseño Silvia García, as e os estudantes tiña que dar forma “a unha proposta gráfica onde aparecera a palabra”, nun traballo que comezou “analoxicamente, creando texturas para ilustrar o concepto” en cuestión. Os resultados finais reúnense na exposición inaugurada na tarde deste luns e que poderá visitarse na EOI de Vigo ata o 4 de decembro, no marco das actividades da Semana da Ciencia e a Tecnoloxía do CSIC. A inauguración desta mostra completouse cunha presentación de Silvia García e cun debate no que participaron a xefa do Departamento de Lingua Galega da EOI, Isabel Acea, e a responsable da Unidade de Cultura Científica do IIM-CSIC, Luisa Martínez.

 

Ler a noticia completa no  DUVI