Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

 

No marco dun proxecto de innovación docente, 20 estudantes do Grao en Deseño traballaron nas últimas semanas no deseño de proxectos de identidade visual para a vixésima edición de Debut, o desfile no que presentan os seus proxectos os novos titulados e tituladas do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda. As súas propostas foron avaliadas este venres por un tribunal integrado tanto por docentes da Facultade de Deseño, como polos responsables da identidade visual do desfile e polos responsables do estudio portugués Itemzero. O obxectivo desta sesión era tanto achegar ás e aos estudantes unha valoración académica e profesional, así como seleccionar unha das propostas presentadas para o seu uso na identidade visual e comunicación gráfica de Debut 2026.

“A idea é poder implementar unha das marcas para usar na semana de Debut, de acordo co comité de expertos e sempre que o alumnado implicado estea de acordo”, explica Cristina Varela, coordinadora do Grupo de Innovación en Deseño (Indi), promotor dunha iniciativa que sitúa o estudantado fronte a un “caso real de traballo”. Seleccionado na convocatoria de proxectos piloto de innovación docente da UVigo, o obxectivo desta iniciativa é “incrementar a motivación do alumnado”, enfrontándoos a un proxecto que lles permita desenvolver “competencias profesionais e transversais”, favorecendo “a transferencia da aprendizaxe ao contexto profesional”.

 

Ler a noticia completa no  DUVI