Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A idea da arte múltiple constitúe o núcleo central da actividade que desde hai dúas décadas desenvolve o grupo de investigación dx5 (Digital & Graphic Art Research), da Facultade de Belas Artes, que ten abordado desde múltiples perspectivas a evolución vivida pola arte gráfica, caracterizada pola existencia “dunha matriz que xera múltiples” obras, como sinala a súa directora, Ana Soler. Esa evolución “cara unha gráfica de campo expandido” e, máis concretamente, o que acontece “cando esa matriz xa non xera estampas, senón elementos que invaden o espazo” constitúe o eixe do VIII Foro Internacional de Creación na Fronteira O múltiple que ocupa o espazo, un programa de actividades no que se insiren tres exposicións, intervencións no espazo público e un foro académico. 

Coordinada polo grupo dx5 e promovida coa colaboración do Concello de Pontevedra e o financiamento da Universidade de Vigo e da Xunta de Galicia, a través das axudas a grupos de referencia competitiva, esta programación desenvolverase entre o mércores 8 e o venres 10 de maio en diferentes espazos da cidade. Por unha banda, a sede da Vicerreitoría acollerá o ciclo de conferencias deste VIII Foro Internacional de Creación na Fronteira, mentres que o Pazo da Cultura, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes e a Fundación RAC inaugurarán neses días tres exposicións.

Ler a nova completa no DUVI