Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

10/11/2026

 

Promovidos polo Clúster da Comunicación de Galicia e dirixidos a poñer en valor o traballo das empresas, institucións e profesionais da comunicación e do márketing de Galicia, os Premios Paraugas celebrarán este venres no Teatro Jofre Ferrol a gala de entrega da súa décimo primeira edición, na que un dos galardóns será para unha estudante da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo. Os proxectos presentados por tres alumnas deste centro, Larissa da Silveira, Micaela Mosquera e Lara María Chao, foron seleccionados polo xurado como as tres propostas finalistas na categoría de estudantes deste certame, dirixida a dar visibilidade ao talento que se incorporará proximamente ao sector profesional. 

Alumna do Máster en Dirección de Arte en Publicidade, Larissa da Silveira foi nomeada finalista do Premio Paraugas Estudantes por Galego de peto, un minidicionario-chaveiro que deseñou xunto coa súa irmá Leticia, tamén alumna deste mestrado. Así mesmo, o xurado seleccionou outro proxecto ideado por estudantes deste mesmo máster: Micaela Mosquera, Renan Fraga e Valentina Rodríguez. Trátase de Frecha, sigue tu camino, a súa proposta dunha marca de cadernos de viaxe inspirada no Camiño de Santiago. Tamén optará a este galardón a alumna do Grao en Publicidade e Relacións Públicas Lara María Chao, polo seu vídeo Despierta humano, crea, no que reflexiona sobre o uso da intelixencia artificial no sector publicitario.

 

Ler a noticia completa no  DUVI