Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

13/11/2026

 

O venres 20 de novembro, o Pazo da Cultura acollerá a edición número 20 de Debut, o desfile no que os novos titulados e tituladas do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda presentan as coleccións que desenvolveron como proxectos de fin de estudos. Nacida en 2007, o obxectivo desta pasarela é “levar máis lonxe o traballo” do estudantado “e presentalo nun ámbito profesional”, así como á cidadanía, salientou a coordinadora deste mestrado, Lola Dopico, na presentación de Debut 2026. Nesta ocasión serán 15 novos titulados e tituladas os que opten aos premios outorgados pola Fundación Bimba y Lola e a Fundación Artesanía de Galicia cos proxectos que idearon como traballos de fin de máster (TFM). Farano na xornada que porá o peche a unha programación de actividades centradas no deseño e na moda, da que forman parte 14 talleres dirixidos ao alumnado da facultade, así como dúas conferencias abertas á cidadanía.

Esta programación foi presentada este xoves na Casa das Campás, pola coordinadora do mestrado, a vicerreitora do campus, Marián Fernández; o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, e o decano da Facultade de Deseño, Marcos Dopico. Nacido en 2007, o desfile no que inicialmente presentaba as súas coleccións o alumnado do título propio de Esdemga, posteriormente substituído polo actual mestrado, constitúe “unha das mostras máis significativas do traballo que se pode facer nunha Universidade”, lembrou a vicerreitora, xa que se trata dun proxecto “baseado na formación e na transferencia” dun traballo baseado na “interdisciplinariedade”, tanto ao tecido social como ao industrial. “É un orgullo que chegaramos ata aquí con este proxecto, que ten tanto impacto na cidadanía de Pontevedra e na Universidade”, engadiu o decano de Deseño, mentres que Gómez definiu Debut como “un evento de vangarda”, que é xa “unha parte consubstancial da programación cultural de Pontevedra”.

Ler a noticia completa no  DUVI