Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Mulleres, traballo e memoria é o título da exposición que a artista e profesora da Facultade de Belas Artes inaugura na tarde deste venres no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e no que se reflicten os eixes temáticos dunha mostra na que os “elementos da memoria persoal e familiar da artista se entretecen coa memoria colectiva dun pasado histórico anda recente” e coa “reivindicación do traballo das mulleres e a denuncia da súa escasa consideración, pasada e presente”, como sinalan desde o CGAC. Presentada como “pioneira da paxe artística feminista en Galicia”, Caldas foi seleccionada para protagonizar unha nova mostra do programa dedicada a artistas galegos de media carreira da “principal institución dedicada á arte contemporánea de Galicia”, como sinala a docente, que destaca a oportunidade que supón poder “traballar profesionalmente” nun espazo como este museo de Santiago de Compostela.

Acompañada polo director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o director do CGAC, Santiago Olmo, e a comisaria da exposición, Montse Cea, Caldas presentaba na mañá deste venres unha exposición “centrada na memoria das mulleres e na memoria familiar vinculada á memoria democrática”, que poderá visitarse ata o 25 de maio. Como recoñece a profesora do Departamento de Pintura, para esta exposición “quixemos fuxir radicalmente da idea dunha retrospectiva”, de tal xeito que avogaron por unha “articulación temática” sustentada en creacións recentes, adaptacións de obras previas ou pezas creadas creados especificamente para esta mostra, como o proxecto Retrato de Familia, no que a artista e docente “reflexiona sobre a súa historia familiar para denunciar a violencia sufrida pola sociedade durante a Guerra Civil e a ditadura franquista”, sinalan desde o CGAC.

Ler a nova completa no DUVI