Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Protagonistas da nova exposición que este xoves se inaugura na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, tanto Alberto Ardid, Tayone e os integrantes do colectivo Rapapawn, Cynthia Alfonso e Óscar Raña, como a súa comisaria, Sara Donoso, formáronse na Facultade de Belas Artes. Este vínculo común e, nomeadamente, as súas lembranzas do punto de encontro que supuña a antiga cafetaría do centro convertéronse no punto de partida da mostra Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita, un proxecto que mestura as ideas de exposición e cafetaría co propósito de facer desta sala un espazo de encontro.

“Non é exactamente unha cafetaría, tampouco unha exposición ao uso”, recoñece Donoso dunha exposición, promovida coa colaboración da Deputación de Pontevedra, que poderá visitarse ata o 30 de maio na sala de exposicións do campus. Neste proxecto, as obras destes artistas conviven con mesas e cadeiras da antiga cafetaría da facultade, á vez que algúns elementos do seu mobiliario forman parte das instalacións que completan o proxecto expositivo. “A idea é que o espazo teña vida e que a xente enténdao como un punto de encontro, ao que veña gozar das obras, pero tamén usalo”, engade a comisaria desta mostra, na será posible tomar café e infusións ou consultar diferentes libros e catálogos. 

Ler a nova completa no DUVI