Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Un conxunto de pequenas pezas de papel washi xaponés, serigrafiadas a mano con tinta branca e nas que poden observarse diferentes fragmentos do plano da cidade xaponesa de Kyoto conforman A la deriva II, a obra que converte o investigador da Facultade de Belas Artes José Andrés Santiago no gañador do XIX Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica. Convocado pola Deputación da Coruña, trátase dun galardón cunha dotación económica de 6500 euros e a obra seleccionada formará parte dunha exposición na Fundación CIEC, en Betanzos.

Cunha “satisfacción enorme” recibía Santiago o fallo deste galardón, feito público este venres pola institución provincial, posto que, sinala, trátase “dun premio internacional moi competitivo, ao que se presentan artistas de moitos países”. O integrante do grupo de investigación dx5 (digital & graphic art research) lembra así mesmo que se trata dun certame “específico de arte gráfica”, coordinado por “unha institución de referencia" neste eido como a Fundación CIEC. De aí que vea ve neste galardón un recoñecemento tanto a súa traxectoria artística, “centrada en gran medida na gráfica contemporánea de campo expandido”, como ao labor investigador neste ámbito do grupo coordinado pola profesora Ana Soler. 

Ler a nova completa no DUVI