Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A programación previa á celebración en Pontevedra da galega de entrega dos Premios Feroz continuará en novembro na Facultade de Comunicación co ciclo Rompendo o canon, no que as cineastas Carlota Pereda, Elena Martín Gimeno, Jaione Camborda e Ainhoa Rodríguez presentarán catro longametraxes que rachan cos estereotipos asociados á muller no cinema. Promovido polo Concello de Pontevedra xunto coa Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE), coa colaboración da UVigo, trátase dunha programación con “marcado carácter feminista”, impulsada con motivo da conmemoración do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Nesta programación de novembro insírese ademais unha conversa coa deseñadora de vestiario Clara Bilbao, gañadora de tres premios Goya, enmarcada á súa vez nas actividades de Debut, o desfile do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda.

Como explican desde a organización, a programación presentada este martes no Concello está dedicada a películas creadas por mulleres que rachan “cos estereotipos da vítima perfecta, a boa nai ou a muller compracente, a través do thriller, o terror ou o esperpento”. As proxeccións terán lugar a partir das 19.00 horas no salón de actos da Facultade de Comunicación e veranse complementadas por un coloquio dirixido a coñecer “que as impulsou a escribir e contar estas historias fóra da norma e cunha linguaxe afastada do drama convencional”. 

 

Ler a noticia completa no  DUVI